lunes, 28 de abril de 2008

PARÉCEME QUE FOI ONTE...


PREPARADOS PARA A FOTO
Os alumnos e alumnas que rematan ciclo teñen mañán, día 29, pola mañá unha sesión fotográfica para facela foto da graduación.
Mañán veñen todos repeinadiños e moi guapiños.
E paréceme que foi onte...

sábado, 5 de abril de 2008

DÍA DO LIBRO

DÍA MUNDIAL DO LIBRO.- 23 DE ABRIL


Esta é unha data simbólica, recoñecida mundialmente .



Réndese unha homenaxe mundial ó libro e ós seus autores. Trátase de alentar a todos e, en particular, ós máis xóvenes , a descubrir o pracer da lectura .


A idea desta celebración parte de Cataluña. Ese día é tradicional regalar unha rosa ó mercar un libro. Nalgunhas librerías do Salnés, ese día, fan un desconto se mercas un libro.


A E.E.I. da Pastora ten organizado unha serie de actividades



  • Os antiguos alumnos dos Institutos Ramón Cabanillas ( o día 23 ) e Asorey ( por confirmar ) virán ó colexio para ler ós máis pequechos.



  • O día 25 os nenos e nenas de cinco anos asistirán a un contacontos no Auditorio de Cambados invitados polo Concello.

LETRAS GALEGAS



  1. Outras actividades encamiñadas á preparación das Letras Galegas que este ano o colexio adica no apartado de "As nosas letriñas" a Mon Daporta.



  2. Preparación de poemas do autor homenaxeado nas " Letras Galegas" , Xosé María Álvarez Blázquez ,así como a confección dun mural que logo estará exposto na Calzada.

A DIRECCIÓN



ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2008-09




ADMISIÓN DE ALUMNOS


CURSO 2008-09


Rematado o prazo de "Reserva de Praza" para o vindeiro curso 2008-09, foron admitidos todos os nenos e nenas que solicitaron praza neste Centro.

Xa está exposto na cristalera do colexio a relación de alumn@s admitid@s.

Infórmaselles tamén, da documentación necesaria para formalizar a Matrícula que será do 20 ó 30 de xuño.

Antes de rematar este curso teremos unha reunión coas familias dos alumnos e alumnas de novo ingreso.


A DIRECCIÓN