Esta é unha data simbólica, recoñecida mundialmente .
Réndese unha homenaxe mundial ó libro e ós seus autores. Trátase de alentar a todos e, en particular, ós máis xóvenes , a descubrir o pracer da lectura .
A idea desta celebración parte de Cataluña. Ese día é tradicional regalar unha rosa ó mercar un libro. Nalgunhas librerías do Salnés, ese día, fan un desconto se mercas un libro.
A E.E.I. da Pastora ten organizado unha serie de actividades
- Os antiguos alumnos dos Institutos Ramón Cabanillas ( o día 23 ) e Asorey ( por confirmar ) virán ó colexio para ler ós máis pequechos.
- O día 25 os nenos e nenas de cinco anos asistirán a un contacontos no Auditorio de Cambados invitados polo Concello.
LETRAS GALEGAS
- Preparación de poemas do autor homenaxeado nas " Letras Galegas" , Xosé María Álvarez Blázquez ,así como a confección dun mural que logo estará exposto na Calzada.
A DIRECCIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario