martes, 3 de junio de 2008

PROXECTO NO COLE: OS OFICIOS

OS OFICIOS NA MIÑA FAMILIA

Mandamos ás familias dos nosos alumnos e alumnas información sobre o Proxecto a traballar no Centro.Pedimos a súa colaboración, como xa é costume, solicitándolles fotos, útiles de traballo... e a súa participación desde as aulas explicándolles algo sobre os seus oficios.Agradecemos a acollida que tivo no ámbito familiar.Estamos montando unha exposición no centro cos materiais que se aportaron.
Programamos saídas relacionadas co tema, así como distintas actividades nas que contamos coa estreita colaboración da A.N.P.A. desta
escola.
Desde este blog podedes ver fotos que indican o labor desta comunidade educativa.
Engadiremos unha nova entrada con varias fotos sobre estas actividades.

A DIRECCIÓN
eei.pastora@edu.xunta.es

No hay comentarios: